Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)

Felix Cebreiro

Miña nai, miña terra (feat Antonio Barros)
Letra y música: Félix Cebreiro

Son coma ti da terra das sombras
Onde o mar canta coas ondas.
a néboa agocha súa paisaxe
Miña Terra, nosa terra.

O meu fogar é o teu fogar
Miña voz leva o teu cantar
Porque sempre terás a miña man.

Miña nai, miña terra
Meu remanso de paz
Onde os nubrados deixan ocos
Pa que as estrellas poidan brillar.
Sae o sol amodiño
E a lúa despaciño
Que o amancer ten un canto
que o solpor quere cantar.
Miña nai, miña terra
Onde os soños veñen e van
Os recordos van andando
E as saudades andando van.
Sae o sol amodiño
E a lúa despaciño
O sorriso da súa xente
Acompaña o meu cantar.

Son de onde nacen os aromas
Onde o orballo molla o verde
O alecrín doura a súa paisaxe
Miña Terra, nosa terra.

O meu fogar é o teu fogar
Miña voz leva o teu cantar
Porque sempre terás a miña man.

Curiosités sur la chanson Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros) de Marietta

Qui a composé la chanson “Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)” de Marietta?
La chanson “Miña nai, niña terra (feat. Antonio Barros)” de Marietta a été composée par Felix Cebreiro.

Chansons les plus populaires [artist_preposition] Marietta

Autres artistes de Middle of the Road (MOR)