O son dun fado
Ó son dun fado
Letra e música: Félix Cebreiro
Xa chega a hora de velos
Xa chega a hora de cantar
Unha mociña do norte
Que os galegos fai soñar.
Un son ou fado ó comezo
Unha rancheira ó final
Un sorriso e cantar.
De festa e romaría
Da carballeira ata o mar
Ela lonxe da terra
Fai doutra terra un fogar.
Leva no peito unha estrela
Leva un corazón na man
Conta a sua vida cantando
e vive para cantar.
Hoxe vestida de azul
Prata ou vermello mañán
Un luceiro na mirada
Unha canción no falar.
Sae preto da noite
As veciñas vena pasar
Seguro que vai cantar.