Un amor mariñeiro
Un amor mariñeiro
Letra e música: Félix Cebreiro
Ten unha carta agochada
Alá no fondo do corazón.
Ten as verbas molladas
Por que non fala nada de amor.
Era unha carta agardada
Pero non di o que quere escoitar
Porque seo amor está lonxe
ela non sabe cando ha de voltar.
Leva dous anos á espera
E como sempre lle fala de amor
nesta escribe distinto
E porque a chama Mari Flor.
Desde pequena o seu nome
Sempre foi “Sole” de Soledad
Unha carta de despedida
Que ela para nada estaba a agardar.
Ten un amor, un amor viaxeiro
Amigo do mar como bo mariñeiro.
Ten un amor que viaxa co vento
Ten un amor mariñeiro.
Unha mañá ao amencer
Chama á súa porta a moza Mariflor
Cheos de bágoas os ollos
e na mirada algún temor.
Leva na man unha carta
Salgada de versos e letras de amor
Perdoa por ler estas verbas
Xa me gostaría coñecer ao autor.
Creo que ti es “Sole”
Fala de ti nomea a Soledad
Aquí tes unha amiga
Para o que queiras necesitar
Non sabes o que daría
Por unha carta que fale de amor
Pero eu non me chamo “Sole”
Para os amigos son Mariflor.