Ai a ribeira

Fixen unha cruz na porta
Outra na folla dun olmo
Ai, adeus aos meus amores

Que á túa porta non volvo
Ai, adeus aos meus amores
Que á túa porta non volvo

O sol é un enganador
Eu tamén lle sei o xeito
Cando raia estou na cama
Cando se pon xa me deito
Cando raia estou na cama
Cando se pon xa me deito
Ah ah ah ah ah ah ah ah
Ah ah ah ah ah ah ah ah ah ah
Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia
Ai á ribeira, caramba, leva a palma
Leva a palma, nena, leva a palma
Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia

Este sol xa se vai pondo
E a lúa rendida vai
Vaite deitar queridiña
Á cama de túa nai
Vaite deitar queridiña
Á cama de túa nai

Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia
Ai á ribeira, caramba, leva a palma
Leva a palma, nena, leva a palma
Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia

Vente vindo, vente vindo
Que eu tamén me vou andando
Que non quero que me digan
Que por ti estou esperando
Que non quero que me digan
Que por ti estou esperando

Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia
Ai á ribeira, caramba, leva a palma
Leva a palma, nena, leva a palma
Ai á ribeira, caramba, non hai quen vaia

Ah ah ah ah ah ah ah ah ah

Chansons les plus populaires [artist_preposition] Tanxugueiras

Autres artistes de Folk